venres, 28 de outubro de 2016

CONCURSO CABAZAS DE HALLOWEEN

Este curso, como novidade, fixemos un concurso coas cabazas de Halloween. Eleximos A MÁIS GORDECHA, A MÁIS PEQUENIÑA, A MÁIS TERRORÍFICA, A MÁIS PELUDA, A MÁIS ORIXINAL E A MÁIS SIMPÁTICA!!! @s gañadores/as recibiron un merecidísimo diploma. Aquí vos deixamos unha pequena presentación, que a desfrutedes!!!


HAPPY HALLOWEEN!!!

martes, 18 de outubro de 2016

HALLOWEEN

A partir do vindeiro luns 24 de outubro, poderedes empezar a traer ó colexio as vosas cabazas de Halloween para a exposición.
Este ano teremos moitas sorpresas... Esperámolas!!!


martes, 3 de maio de 2016

MY BODY

Estivemos traballando as PARTES DO CORPO co alumnado de 1º curso e fixemos unha actividade moi divertida e que lles gustou moito. Aquí vos deixo unha pequena mostra de todo o que fixeron.

martes, 15 de marzo de 2016

THE FOOD PYRAMID

Estamos traballando a PIRÁMIDE ALIMENTICIA en 4º de Primaria e este foi o resultado final da que fixemos entre tod@s. Pasamos un rato moi agradable e divertido, tamén traballamos moito!!! Esperamos que vos guste!!!

venres, 26 de febreiro de 2016

martes, 23 de febreiro de 2016

DROPLET (The water cycle)

Aquí vos presento unha interesante historia para traballar o ciclo da auga, feita polo alumnado.

martes, 9 de febreiro de 2016

ABC COLOURING PAGES

Agora continuamos con outro enlace no que poderemos descargar en pdf o alfabeto en Inglés listo para colorear e decorar as nosas aulas.

ABC

Aquí vos deixo o meu vídeo favorito para aprender o abecedario en Inglés, a verdade é que lles encanta!


 

LEARNING ENGLISH!


RECOMENDACIÓN!

Aquí vos deixo un enlace no que poderedes atopar moitas actividades relacionadas con diferente vocabulario en Inglés, moi interesante para traballar co alumnado no EDI.

BENVID@S!!

Hoxe empezo unha nova aventura como bloggera, espero facelo o mellor posible e ir sacando proveito desta nova aventura.